Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 mars 2012

VARÓN, MAIOR DE IDADE, LUCENSE, NON IMPUTADO

JULIUS-SHULMAN-Pierre-Koenig-Two-Girls

EU SON UN BALBINO. Coma quen di, un ninguén. Son varón, maior de idade, veciño de Lugo e non estou imputado. Nin na Carioca nin na Campión. Son días de coñecer os paseos en helicóptero e estoxos de champaña que nos van reconstruíndo con detalle e profesionalidade os meus compañeiros de El Progreso sen que me dea sacudido o asombro. Pero non ter que pasar un par de veces por semana polos xulgados da Praza de Avilés é unha constatación de que pertenzo a unha clase media moi atoada na medianía. Será o meu reparo a andar de bares, a miña falta de atracción polo parque automobilístico. Durante anos pensei que Dorribo era un personaxe colectivo, unha proxección do ideal ao que todos os lucenses arelábamos chegar cun pelotazo e medio, aínda que algúns nunca asentariamos unha mesa neoclásica sobre unha pel de cebra: resulta estomagante. Eu nunca vira a Jorge Dorribo, pero non deixaba de escoitar os relatos fabulosos dos seus amigos, que regresaban do todo gratis nas súas troulas coma se viñesen de descubir a Terra Australis Incógnita. Acordo seguidamente deles, de todos os que se evaporaron coma un charco de gasolina queimado polo sol da tarde.

PHOTO: Pierre Koening two girls. Julius Shulman

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité