Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 avril 2012

ALFREDO CONDE, O MARIÑO QUE PERDEU A GRACIA DO MAR

hemingway460

Alfredo Conde é un deses mariñeiros que se usan como modelos para as pílulas de Fisherman's Friends. Conde encarna o vello pescador repoludo e barbado con xersei noregués que cheirou o salitre de todos os mares, persuadíndose de que ninguén lle pode dar unha lección no que atinxe ás reviravoltas da vida. Alfredo viaxa ao pasado nun deses nenos guapotes que andan xogando ao fútbol no lameiro co traxe de primeira comuñón, convencéndose a si propios de seren un estandarte salferido de rebeldía. Antonte tratou de presentarse novamente na fila 0 do sistema literario reenviando a algúns medios a sonada carta de dimisión como padrón da Fundación Rosalía que debeu de estragar a fin de semana a Helena Villar Janeiro. Acusa, tratando de disimular con afabilidade de trampantollo, á presidenta da entidade de estar consentido un gasto desmedido no capítulo de persoal. O autor de Como e bebe que o barco é do amo desminte, unha e outra volta, cun recendo doce e mórbido a excusatio non petita, o "bulo" de que pretenda facerlle a cama á autora de Becerreá. O cativo disimula comungar por vez primeira cando xa vai para bispo da renartería. Exhibe independencia conquistada a base de viraxes veloces de timón erradas de tempo e lugar, e de erguer as redes que botara xunto con outros sen advertilos. Eu achegueime a el hai uns meses nun desencontro no que se amosou voraz e falsario. Volvín chamalo onte apretando o estómago para impoñer a profesionalidade sobre o rancor. Alfredo estivo bronco, desagradablemente soberbio: "E como te atreves a chamarme?" Razoei que buscaba a súa versión sobre a estampida que deu na Fundación Rosalía. "Badulaque!", bradou antes de rexeitar contestarme. Nunca tal me chamaran, mesmo me conmoveu a orixinalidade rancia do adxectivo. Dende logo moi superior nun plano intelectual e mesmo dialectal a esa volta na que me chamou "fillo de puta" por escrito e en modo reflexivo. Os mariñeiros choutan dun barco a outro para chegar ao seu. Alfredo Conde saltou dende o peirao e anda ás alancadas de borda a borda, pero tanto cambiou de patrón e tripulación que esqueceu o nome e a pintura do seu boniteiro. Agora ficou só, rosmón, lembrando aquela novela de Mishima.

pHOTO: Literary punch ... Ernest Hemingway. George Karger/Time Life


Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité