Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 avril 2012

PASE VOSTEDE, PRESIDENTE

president

VAI PARA UN ano que Feijoo e Ferrín coincidiron no alto dunha escaleira. Celebrabamos, todos, as Letras Galegas de Lois Pereiro en Monforte. «Pase vostede, presidente». «Vostede primeiro, presidente». Ambos os dous moi amables e sorrintes. Tanto ten quen dixo cada frase, o que conta é que hai entendemento entre o presidente do país e o presidente da cultura do país. Unha fortuna, porque parecía un cultivo que non se dá entre nós. Esa química estará presente no Día das Letras, no que Xunta e Real Academia Galega van colaborar na organización de actos, algo sorprendente neste tempo de suspender, cancelar e anular manifestacións culturais. Mesmo hai unha chea de institutos que se declararon en folga occidental de actividades que non sexan académicas. Cando menos as Letras servirán para achegar cultura extracurricular aos rapaces. Ben sei que a orientación educativa é secundaria nesta xornada, pero non debería ser unha celebración para sabidos e familiares, como acontece tantas veces, porque os recursos requiren prioridades. A Real Academia Galega ten alegado que o Día das Letras serve para descubrir obras e autores de interese, pero se o que imos descubrir son maríasmariños, deberíamos analizar antes se paga o gasto. Tampouco este ano, alén asuntos pesqueiros, imos atopar auga en Marte con Paz Andrade. Menos mal que veñen hai as décadas morde Manuel María ou Carlos Casares, autores con letras abondas como encher unha festividade desta categoría. Outro efecto positivo é que os nosos variados cargos políticos atoparan novas fontes para as citas e darán descanso a Castelao e Piñeiro, eses trending topic del discurso patrio.

Photo: Fisherman of Flecheiras, Ceará. Doug Menuez.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité