Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 août 2012

PREFIRO IGNORAR O QUE OPINA WERT SOBRE DARWIN

 

pornographic arcades

 

Juan Wert defende a separación por sexos como plus didáctico. A opinión de Wert non me preocuparía se a ceibase nun talkshow de Intereconomía. Faiseme grave que a exprese co traxe de ministro de Educación. Prefiro, daquela, que reserve o que opina sobre a Teoría da Evolución de Darwin, con todo ese vurullo simiesco. A maiores, pídolle discrección a respecto da Teoría das Supercordas ou algunha outra elaboración teórica autoexplicativa, que exclúa intromisións sobrenaturais. Ser español, político e conservador implica verse atrapado nun carreira polo exabrupto. Mesmo no noso país, Xosé Carlos Caneiro berra para sinalar o lume do akelarre en modo Sebastian Haffner avisando de que "empiezan entrando en supermercados y acabarán quemando iglesias".  Como se a sociedade estivese atrapada no eterno retorno e como se os cadros confesionais mantivesen a súa ascensión sobre o conxunto cidadán. Non nos fai novidade a distopía do verinés. Xa sabemos por outro erudito de nós -tamén exmatriculado na esquerda- Pío Moa, que los rojos no usan sombrero. Agás Gordillo, claro; pero el lévao para atrás, sen xeito. As propostas de Rosa Díez semellaban tan escritas en follas de bacallao, tan na liña da ditadura dos números que barbarizaba Pío Baroja para desautorizar a democracia, que nunca pensei que houbese quen de chegar plus ultra. Pero arrepañou as táboas da lei Mario Conde, ese señor de Tui que xustificou en varios memoriais toda a brillante e fugaz peripecia financieira sen imitar a elegancia silenciosa do Cervantes expurgador do delicto a brazada de remo olímpico. Conde estoupa en artificio ameazando por relegar o galego ao optativismo. Que decidan os pais; depende de en que cuestións, retrucaría Wert, sempre atento ao sopro do aire divino.

Photo: Panoram peepers in Times Square.

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité