Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 septembre 2012

A PERRUCA AMPUTADA

cigar1

 

Santiago Carrillo imitaba ben ao Santiago Carrillo que trazaba Pedro Ruiz. Hai unha década, na rúa do Horreo, en Santiago, o líder comunista fumaba agachando a cabeza como se a perruca clandestina fose un membro amputado. Eu coñecíao polas parodias da Transición que facía Ruiz: Suárez, Felipe González, Fraga, Arzallus, Pujol,... Había risa, pero asemade reverencia polo xeito no que souberon conducirse entre nostalxias de sabres e revolucións con temporizador. Os políticos de agora non teñen a estatura intelectual precisa para ese perdón mutuo e colectivo. Memorizan as frases que publica a oficina de prensa do partido en Twitter e despois xogan ao futbito ou corren dez quilómetros. Men sana in corpore sana. Tanto ten quen sexa o portavoz de garda porque todos repiten a mesma brocheta de metáforas e evasivas. A miña entrevista con Carrillo foi breve e compulsiva. Souben que o andaba en Santiago e corrín ao restaurante onde xantaba. Concedeume uns minutos para preguntarlle por todo o século XX en España e en Europa. Falaba exasperantemente despacio. Eu preguntaba polas cotrosas páxinas da Historia recente nun exame tipo test; el líame con cadencia de bispo a Enciclopedia das Utopías. Non tirei nada con mínima coherencia para escribir. Carrillo contestaba coma os xordos felices. Ignoraba o que lle preguntaba para contestar o que lle apetecía. Seino porque dialogo coa miña nai habitualmente.

Photo: Cigar. Eazy

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité