Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 mars 2013

O CHEIRO A SANGUE HUMANO NON ME MARCHA DOS OLLOS

erwin-blumenfeld-13

 

Los Rosales, centro comercial da Coruña. Un corredor ancho cunha escaleira mecánica no centro. Hai unhas vitrinas de plástico transparente que miden o mesmo ca tres caixas de zapatos amoreadas. Nun curruncho un coello pinto trata de durmir o soño eterno tras un carteliño laranxa recurtado coma se viñese de estourar e un prezo en rotulador negro. O filósofo Peter Sloterdijk denuncia que o home é a única especie que explota aos seus semellantes. Tamén a outras especies, engado. O pintor Francis Bacon cóntalle ao xornalista Frank Maubert no apaixoante libro de entrevistas El olor a sangre humana no se me quita de los ojos (Acantilado) o tremor do seu corazón a primeira vez que admirou o mostrador de Harrods, os marabillosos grandes almacéns de Londres. "Adoro os vermellos, os azuis, os amarelos, a graxa da carne. Somos carne, non? Cando vou á carnicería sempre me sorprende non estar alí, no sitio dos cachos de carne. Hai un verso de Esquilo que atormenta o meu espírito: O cheiro a sangue humano non me marcha dos ollos". Unha rúa do Orzán coruñés estaba pechada na media tarde. Un coche da Local, con dous policías, atravesado no acceso pola calzada. Un camión de bombeiros no medio e medio. Dous homes con chaleques fuorescentes e cascos déixanse erguer nunha plataforma termada por un poderoso brazo mecánico. Unha gaivota quedou enganchada nun niño de anduriñas á altura dun cuarto andar. Seica Aurelia Rey vive unhas mazás máis alá.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité