Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 mars 2013

FERRINLEAKS, A AUCTORITAS PERDIDA

Margaret-Bourke-White

Eu estaba ceando un caldo, pero ese goce non mellorou a desagradable sensación de sentir na radio a voz de Ferrín tronando contra a xornalista Cristina Pichel porque coñecía os asuntos a debater mañá na Academia. O deber dun periodista é chegar onde ninguén chega e o deber dun presidente dunha entidade financiada por todos é tratar de chegar a todos. Os cantos da glasnost impulsada por Ferrín que escoito estos días condúcenme directamente a Fernández del Riego: el si abriu a casa das Tabernas a todos, el si modernizou a Academia. O seu labor foi completado por Barreiro Fernández. A transparencia do presidente actual traduciuse nunha rifa ameazante a unha xornalista por facer axeitadamente o seu traballo. A súa modernidade limitouse a propoñer a Antonio Fernández Morales como candidato fronte a Lois Pereiro e Roberto Vidal Bolaño para as Letras Galegas. A obra do berciano poderá ter potencialidade xeoestratéxica ao estar na Galicia estremeira -non me despisto da súa condición de militar-, pero non é comparable literariamente coas de Pereiro ou Bolaño. Se os nomes propostos para homenaxear e os candidatos a membros numerarios responden a un criterio de reunir infantería no Campo de Marte (Fernández Ferreiro proclamaba feliz días antes de ingresar: "Eu son de Ferrín") non se pode pretender asemade que os rivais non se preparen para o enfrontamento de mañá. Perdida a auctoritas, ao presidente da RAG réstanlle a potestas e máis a dignitas. 

Photo. Margaret Bourke White

Publicité
Publicité
Commentaires
C
Ferrín forma parte da historia deste país, e ti quen vés sendo?
Répondre
C
Ferrín forma parte da historia deste país, e ti quen vés sendo?
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité