Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 avril 2013

ESAS COUSAS SÁBENSE POLO CHEIRO

 

A_papier-mache_cow_on_Mrs_Mellor’s_car,_1944

Dylan Thomas viviu o alba do cinema clásico. En Cartas de amor, coa que a coruñesa Iria Rebolo estrea a editora barcelonesa Siberia, conta unha anécdota de Mae West. A estrela visita unha granxa do Oeste. Un gandeiro coa presencia de John Wayne e a beleza donda de James Stweart condúcea polas cortes para amosarlle as bestas. Un touro arfa enriba dunha vaca. "Como sabe o touro que a vaca está... digamos que... con gañas de facer o amor?", pregunta a actriz con candidez impostada. O vaqueiro contesta con desinterese: "Buah! Entre animais, esas cousas sábense polo cheiro". Pouco despois, atopan un carneiro e máis unha ovella "na mesma lawrenciá actitude". A intérprete dourada repetiu a pregunta e o vaqueiro fermoso devolveu a mesma resposta. Cando marchaba, antes de subir ao automóbil, Mae West agradeceu ao rapaz a amabilidade e espetoulle: "Debería vir verme cando estea mellor dese catarro".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité