siberia

Algúns meus contertulios denuncian, en privado e relaxado, que Artur Mas está tolo. Mesmo escoiteillo a un amigo sensatamente nacionalista. Vladimir Bukovsky explica en A manual on Psychiatry for Dissidents (1974) que o KGB "curaba" aos disidentes e difusores de samizdats antes de emigralos ao gulag. O diagnóstico era que habían de "estar tolos para opoñérense á omnipotencia soviética e burlárense da máquina do Estado armados só cun lapis e un caderno de papel". Os servizos de intelixencia nunca explicaron a lóxica de mandar a un campo de concentración a alguén a quen sandaran previamente a doenza ideolóxica. André Glucksmann lembra en Los dos caminos de la Filosofía (Tusquets) que Vladimir Putin recuperara ese argumento en 2008 para determinar que "o presidente de Georgia Misha Saakachvili era un doente mental porque soamente algúen enfermo da cabeza pode imaxinar que un pobo cativo quera elexir os amigos e vivir ceibe á sombra dun imperio 35 veces máis poboado, que aínda se considera a segunda potencia mundial e cre mollados os acordos de alto o fogo".

foto: Brastk, Siberia (URSS) 1967. Elliot Erwitt