Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 juin 2013

ARTE DE ETIQUETA

JOHN-CAGE-Y-MARCEL-DUCHAMP-EN-TORONTO-1968

Expoñen unha instalación. Tanto ten de quen e onde. Un centro de cultura de grande importancia na cidade permite a un señor ocupar un espazo preeminente cunhas cousas que el relaciona mediante un discurso. Sen discurso non hai instalación. Marcel Proust explicou para sempre: "Unha obra de arte baseada en teorías é coma un obxecto valioso sobre o que se deixa o prezo". As instalacións que me abraian son as eléctricas. Teñen unha disposición que responde en tal medida ao pragmatismo que excusa de teorías que as sobrevoen. Marcel Duchamp instalou por todos co seu urinario. Escarallouse da arte. Todo o que veu despois é mentira.

Foto:  Marcel Duchamp e John Cage(Toronto, 1968)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité