Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 juillet 2013

CAMINO SORIA

Mariano Rajoy despreza os tópicos rexionais. Nomeou ministra de Traballo unha andaluza e ministro de Industria un canario. Nos tempos nos que o pánico era de marca Parabellum, o responsable de Interior era vasco. Seica a encarga desta volta dese ministerio a un catalán de inspiración vermelligualda non foi casual, aínda que Resistência Galega (no caso de ser máis ca unha entelequia que leu enganadamente o Robin Hood) fixo un traballo sucio para que teñamos un galego no posto. Daquela, parece que Soria serveu de factotum para animar o turismo postindustrial e que este, como consecuencia, empezase a redactar boas noticias económicas. Chamar industria ao sector servizos é pouco rigoroso, pero máis ca confiar nun área tan dependente de primaveras árabes e veráns xermanos en fanequeiras no canto de facelo no I+D. Ignoro se o ministro se achegou boas noticias ao sector hostaleiro canario, pero sei que actúa coma el rayo que non cesa damasolaonsiano coa industria strictu sensu. Antes de que explicarnos o motivo de que sendo Galicia un país exportador de enerxía electrica, debamos pagar a luz a prezo murciano, o recibo volve subir. Mudamos todos nós nunha especie de socios preferentes das eléctricas ao pagar o déficit tarifario a escote coas empresas sen darnos sequera a opción a destinar eses recursos ao noso naval. En fin, continuemos camiñando polo camino Soria, que cantaban Gabinete Caligari na súa promesa de ataraxia. Lonxe de atopar acougo na ruta, subimos con desagradado un camiño costento de prezos.

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité