Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 juillet 2013

O CHISTE DE REAGAN

Alonso Montero explicitaba o seu comunismo ao ser elexido presidente da Real Academia Galega. Máis que de costume. Non se facía novidade porque o antecesor, Ferrín, tamén é marxista; aínda non sentiu a obriga de xustificarse. Alonso Montero segue o modelo de imitatio Christi, polo que colocou a Marx no centro do debate sobre a súa designación. Concordo con el na contradición de defender a igualdade e encabezar a elite cultural. Ao respecto da RAG non se pode falar de loita de clases, porque os académicos nunca van sentir o sopro axitado do proletariado na caluga. Basicamente, porque o noso proletariado anda máis atento ao naval que a ingresar na Academia. Os que andamos nestes páramos despoboados e arrabaldeiros da cultura galega, tamén lle agradecemos ao presidente honorífico que deixe a ideoloxía política na porta da vella casa da Pardo Bazán. Cando me falan de marxismo, lembro o chiste que lle contou Ronald Reagan a Gorbachov. Unha señora de Moscova chama ao camarada fontaneiro para que lle arranxe o vertedeiro. "Irei o día 14 de xullo de dentro de tres anos", contesta este. "¿Pola mañá ou pola tarde? É que o camarada electricista virá ese día pola tarde?" Sobre o funcionamento do comunismo, que os incapaces de asumir o fracaso chaman socialismo real na espera de aplicaren o socialismo utópico, cómpre ler a última novela de Eugen Ruge En tiempos de luz menguante (Anagrama). Na obra, o fillo dun matrimonio da Alemaña Democrática chama aos pais para anunciarlles que se pasou á Alemaña Federal. "O noso fillo morreu", lamenta a nai. "Non, muller, aínda que non volveremos velo", acouga o pai. "Pois iso. Morreu".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité