Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 août 2013

O ACENTO DE DEUS

michael-barton-gNun debate televisivo nas primarias ao Partido Republicano no 2012, a candidata Michele Bachmann afirmou que se presentaba por petición directa de Deus. A moderadora preguntoulle se prefiría a Elvis ou a Johnny Cash, no canto de retrucar se Deus lle explicara os motivos para facerlle a ela en concreto a encarga. Pasado un tempo dende a irresponsabilidade de Angrois, quería anotar a miña contrariedade diante de que o primeiro acto público e oficial fose dirixido por Julián Barrio. Nada teño en contra da activididade do arcebispo, de que cada quen procure acougo no ámbito que máis se lle axeite, pero ese acto debería ser tido institucional. Debeu darse preemiencia ao credo laico, democrático e común a todos nese momento de amortecer a dor e manter algún fío emocional cos finados. Despois, claro, cumpría a cerimonia relixiosa para a maioría crente de próximos aos mortos. Aaron Sorkin retoma a declaración de motivacións de Bachmann e a torpe reacción da xornalista no capítulo 9º da serie The Newsrooom para que o seu moderador de ficción cuestione a seriedade de que un candidato compareza a unhas eleccións por mandato ultraterreo coa proposta de que respondese polo ton de voz que ten Deus. Tras a vitoria de Obama, case que se pode atribuír nunha alucinación beintencionada da candidata.

Photo: Michael Barton

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité