Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 août 2013

AS RÚAS NAS QUE FALAN ITALIANO

CORREOS

 

Varias universidades europeas trazaron un mapa xenético de Europa na Idade de Bronce. Entre a homoxeneidade do sur do continente, chamoume a división da actual Italia en dous grupos: o Itálico e o de Cultura Terramare. A liña divisoria cruza un chisco ao norte de Nápoles. Confirma, logo, a impresión que tirei de Montedidio (Rinoceronte), de Erri di Luca. O protagonista é un adolescente da posguerra mundial que vive no barrio napolitano de Montedidio, que tamén podería chamarse Cidade de Deus, como a favela da novela de Paulo Lins. Monte de Deus, Cidade de Deus. Di Luca conta que no barrio son tan pobres que os esmoleiros piden de pé por non incomodar aos veciños, que son tan pobres coma eles. Non podes cuspir nas rúas por mor da densidade de poboación: mollarías os zapatos dalguén. Nese ámbito malviven os mariñeiros que non acreditan que haxa bañistas que se estomballen ao sol que a eles lles manca no lombo e, aínda menos, que se metan entre as ondas ás que escapan porque non saben nadar. Os habitantes de Montedidio teñen interiorizado que forman unha sociedade distinta desa que hai unhas rúas máis aló, onde nunca van porque falan italiano e ninguén os vai respectar. Xa na primeira páxina o protagonista advirte o seu orgullo de saber italiano grazas a que aprendeu a ler, aínda que non o fale. Con todo, préstalle escribilo ao percibilo coma «silencioso», axeitado para «contar os acontecementos do día, descansados do rebumbio do napolitano». A partir de aí, o texto vai establecendo paralelismos entre italiano e napolitano remarcando as diferenzas. O rapaz recoñece que o italiano é mais sofisticado porque distingue «sono e soño», mentres que en napolitano hai soamente unha palabra suonno. Mesmo parece que a pobreza afectase tamén aos soños e soamente puidesen durmir e alentaren fantasías nocturnas eses ricos que viven unhas rúas máis aló, onde nunca van.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité