Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 septembre 2013

ESOUTRO 11-S

 

Fabiano Rodrigues skateboard_selfportraits-5

Salvador Allende protagoniza, con toda lóxica, as redes sociais dende o 11S. Nese día apenábannos os  corenta anos do varrido da democracia en Chile. Pinochet contara coa anuencia dos amigos do Norte, sempre tan coidadosos co respecto interno ás regras como atentos a impoñer as súas regras no exterior. Henry Kissinger, o máis cínico dos rigorosos alemáns, artellou a operación xustificando a Pinochet ao defender que "o seu maior pecado foi derrocar un goberno que se convertira ao comunismo". O asalto ao Palacio da Moneda, tivo un paralelismo no 2001. Porén, non atopo na parte das redes sociais máis concienciadas ningunha referencia a esoutro 11S, a eses dous arietes lanzados contra outro pazo da moeda, o World Trade Center. Entendo que as Torres Xemelgas non representan o máis loubable do sistema occidental de organizar sociedades, que é un Monopoly de cifras sen enganche co material, pero, a maiores dos 3.000 inocentes finados, marcaron unha mudanza de era. Jorge Luis Borges, que se despediu dun alporizado Christopher Hitchens, mandando recordos a Pinochet -"un caballero que me concedió un premio literario"-, comentáralle antes a súa nugalla de cara a Guerra Fría, laiándose de "ter eu elixir entre dous países de segunda división, como Estados Unidos e a URSS". Agora tería qeu laiarse dun en contraposición a un sistema relixioso-político que avanza en Oriente Medio. Hitchens conta a súa visita a Borges nos Buenos Aires dos 80, xusto antes de partir para Chile filonazi, en Hitch-22 (Debate). Dese capítulo salta a outro no que se nos presenta voando cara a Washington o 11-S-01, feliz de que lle traten "de manera luxosa por poñer a feder a Henry Kissinger" porque vai facer público que a familia dun xeneral chileno asasinado polos golpistas pode iniciar accións legais contra o daquela secretario de Estado (ministro de Asuntos Exteriores). A ledicia do xornalista británico era provocada porque aquel 11S sería lembrado "coma un fito na loita polos dereitos humanos". Non se enganou de todo, aínda que daquela temeuno. Pouco tempo tivo para reconsideralo: primeiro polas consecuencias da barbarie; segundo polas reaccións dos intelectuais. O frívolo e narcisista Noam Chomsky comparou o ataque co lanzamento de misiles de cruceiro contra Al Qaeda ordeado por Bill Clinton en Sudán tres anos antes con leve desvantaxe ética para os Estados Unidos. Gore Vidal, novelador de conspiracións, apuntou a sospeita de que Bush fose o argalleiro da operación para "facerse co petróleo do Cáucaso", cunha seriedade propia dos que acusan aos rebeldes sirios de esparecer gas sarín e salvan a crueldade de Al Assad. Hitchens atopa consolo naquel 12S ao ler a Tariq Alí preguntándose se a alguén podería "imaxinar a Allende, expulsado do poder hai 28 anos, mandando aos seguidores que secuestrasen avións para asasinar civís". A contestación é obvia porque o presidente electo en Chile trataba de poñer en marcha un modelo redistributivo de democracia axeitado ao Cono Sur, un modelo alternativo ao liberal que funciona na parte norte do continente americano porque a realidade é ben outra. Dende logo, nin o modelo marcial nin o modelo confesional musulmán semellan compatibles coa liberdade.

Photo: Fabiano Rodríguez

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité