Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 novembre 2014

UN SAÚDO AOS SAQUEADORES

 

Nixon astronautas

Veño de cear e sentei escoitar o disco Hail to the thief, cumprindo coa miña obriga, adiada toda unha década, de prestar oídos a Radiohead. No seu día, entendera que o título dese álbum era unha protesta polo xeito no que o fillo de Bush gañou as eleccións a Gore, pero, andado un tempo, lin a Thom Yorke, o letrista e líder, negándoo. O sistema electoral norteamericano, con ser un dos que máis respecto, é perfectible. Aqueles comicios amosaron a parte rota do taboeiro que terma da igualdade e da representatividade nos Estados Unidos. O Partido Popular español regresou do lecer veraniego publicando unha colección de fascículos traducidos dos xeitos anglosaxóns de organizar a democracia: que goberne a lista máis votada. O PP teimou no asunto durante ben tempo, calculando que as maiorías superarían ás minorías, agás en Euskadi e Cataluña -territorios que os conservadores consideran unha especie de protectorados onde lles abonda con ter un gobernador civil e unhas centenas de favorables-. Pero a entrada no outono foi desesperante. As vergoñas nacían inopinada e abundantemente coma os cogomelos tras as choivas, codificadas en conversas telefónicas entre alcaldes e os seus construtores de confianza, ou avoltas nas augas negras das tarxetas que usaban os conselleiros de Caja Madrid. A maiores, o CIS constatou a sospeita de que o electorado español perdeu a consideración polos partidos políticos tradicionais que presentan un programa tradicional e uns candidatos aínda máis tradicionais. Non, os votantes queren un magma apersoal e incerto que repita as súas palabras de ira diante da humillación á que os someteron os gobernantes; os votantes ameazan con votar por un estado de irritación artellado co mesmo nome do lema que, resulta irónico, aupou a Obama ata a Casa Branca da que marchaba o fillo de Bush. Daquela, os populares baixaron a voz, calaron e, para a miña sorpresa e indignación, lograron que os seus opositores esquecesen a ameaza. Uns e outros andan distraídos no novo currículo delincuencial que han de estudar cada día. Algún, para denunciar aos rivais; outros para intentar agochar as propias augas negras.


Photo: President Nixon greets the returning Apollo 11 astronauts

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité