Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité

O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.

17 septembre 2008

I WILL MAKE YOU SPIN LIKE A RECORD

Esta noite mirábaos máis ben tristeiros e déuseme por convidalos a bailar. Vivos ou mortos, diríxanse, se fan favor, a esa pista coroada por unha bola de espelliños que xira. Marilyn e Jessica danzan xa nela.
Publicité
Publicité
17 septembre 2008

MÉDICO DE FAMILIA

Eugene Smith anda pola Coruña. A non perder Country doctor, a súa reportaxe sobre un médico rural, antecedente das fotoreportaxes.
16 septembre 2008

LES LIVRES BRÛLENT SI BIEN

Aí anda Señor Rivas, nada menos que de finalista entre quince grandes do mundo para o Medicis-Étranger. ¡Buf! E aínda hai 3.400 galegos promovendo para o Nobel un escritor que non dá saído do país. Unidade de proposta arredor de Rivas, por favor.
16 septembre 2008

O GLOBO DE SKP, UN LIBRO ABERTO

Veño de falar co xornalista Daniel Hofkamp e co cámara Carlos coma se fose un libro aberto. Viaxaron ata Lugo para que lle falase do Globo de SKP, que aparecerá a primeiros do mes que vén en Xerais. Eles din que emiten en outubro.
16 septembre 2008

A ADICIÓN DE XOANA

Oscar Wilde afirmou, ao seu xeito, que o mellor modo de superar unha adición era renderse a ela. Ao porno, por exemplo.
Publicité
Publicité
16 septembre 2008

MODIANO E DEBORD TOMAN CAFÉ

O pasado luns publiquei n'El Progreso un artigo sobre o novo libro de Modiano. Xa que non puidemos ler o anterior e impresionante Un pedigree na nosa lingua, confiemos en que non aconteza o mesmo con este. O artigo vai dese lado da barra (en comentarios)...
15 septembre 2008

THE BRAND NEW GOLDEN CALF

O novo becerro de ouro para adorar chámase Damien Hirst. O rapaz ten graza, pero desconfío de que haxa que pagar 13 millóns de euros polo seu xato dourado.
15 septembre 2008

CALVEIRO, PREMIO BARCO DE VAPOR

O Calvo non para de gañar premios, e eu que me alegro inmenso (que din os portugueses). Intertextualizo: Marcos Sánchez Calveiro (Villagarcía de Arousa, 1968) fíxose hoxe coa vixésimo cuarta edición do Premio O Barco, dotado con 10.000 euros, coa novela...
15 septembre 2008

ALTA TENSIÓN

A actuación desta noite representou unha delicada xestión para o cabaret, mais a morriña sempre paga o seu prezo.
15 septembre 2008

A BROMA FINITA

Hai tempo que me pregunto por que un pobo que baila cos brazos erguidos con ledicia aborrece tanto. Agora engádolle a pregunta porque alguén que escribe unha broma xenial acaba por tomarse tan en serio.
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité