vendredi 1 août 2014

UNHA ALQUIMIA PARTICULAR

Nicholas Payton estaba cheo de felicidade e escaso de público. Non máis de trescentas persoas fomos escoitalo no festival de jazz de Ribadeo. Imaxino que dividía por cinco ou por dez os escoitantes aos que está afeito. Tocara en Donosti nesas datas. Eu pensaba que Melendi estaría igual de contento porque, coa oitava parte de formación ca Payton e desafinando esas letras marxistas sobre a loita de clases entre raparigos pobres que padecen o abandono de noivas ricas, con toda esa debedora de evidentes lecturas de Hegel na dialética... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:39 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,