dimanche 6 août 2017

NUNHA PRAIA NUDISTA, CUBERTO POR TOLSTOI

  A PASADA FIN de semana vinme conducido a unha praia pola miña familia. É sabido que as clases medias que habitaban a Cova Eirós, en Triacastela, decidiron acabar cos clans e organizarse en familias. Nese momento, a liberdade individual foi botada á sima onde se lanzaban os animais enfermos e os cadáveres dos vellos. Cando eu era un rapaz e veraneaba en Foz, éramos tantos —sumando avós, tíos pais e fillos— que nos coordenábamos coma un clan e non coma unha familia. Eu agradecíao porque podía esconderme na penumbra da casa... [Lire la suite]

mardi 20 octobre 2015

A MALETA E O RÉXIME DE VISITAS NA PORTAS

  Paul Verlaine adoitaba camiñar a mediodía por París petando co seu bastón na rúa ostentosamente. Marcaba a cadencia dos seus pasos con furia impostada. O século XIX aínda non ardera completamente a causa do lume prendido pola Comuna en 1871. Uns pasos atrás de Verlaine andaba o matemático Poincaré. Cauteloso, en silencio. Suxeitaba a fronte ampla e abaixada cunha man e trazaba gráficas e ecuacións no aire imaxinado coa outra. Saul Bellow —cuxo centenario estamos ignorado con eficacia— razoa a respecto desa imaxe que «a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , , ,