jeudi 4 juin 2015

OS PRÓXIMOS ALCALDES DE NUNCAXAMÁIS

David Remmick expón en Reportero (Debate) a frase coa que Al Gore se presentaba nos discursos públicos tras perder as eleccións: "Son Al Gore. Fun o próximo presidente de Estados Unidos". Galicia anda chea estes días de candidatos que ían ser futuros alcaldes e flamantes presidentes das deputacións. O caso máis sangrante aconteceu coa Deputación de Lugo como ceo á asaltar. Raquel Arias propuxérase hai uns meses como próxima presidenta abrindo unha batalla que acabou como a de Agincourtpara os franceses. Agora, coa cadeira de... [Lire la suite]

samedi 26 novembre 2011

CANDO LORES DI +G, QUERE DICIR +GUILLERME

Lores fíxonos un spoiler do que vai ser o congreso do BNG: "+G", sentenzou usando un acróstico que para o alcalde pontevedrés non significa o mesmo ca para Aymerich. Para Lores, +G significa Máis Guillerme, segundo o principio da dimisión lampedusiá de que a Terra xira para volver logo que pode ao punto de orixe. O rexedor razoa que o Bloque está mantendo a posta ideolóxica nas coordenadas nacionalismo/esquerda, aínda que asume que Galicia ignora o que chaman conciencia nacional, algo sobre o que dubida soamente unha minoría... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , ,