Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 juin 2015

OS PRÓXIMOS ALCALDES DE NUNCAXAMÁIS

A dinosaur being delivered to the Boston Museum of Science

David Remmick expón en Reportero (Debate) a frase coa que Al Gore se presentaba nos discursos públicos tras perder as eleccións: "Son Al Gore. Fun o próximo presidente de Estados Unidos". Galicia anda chea estes días de candidatos que ían ser futuros alcaldes e flamantes presidentes das deputacións. O caso máis sangrante aconteceu coa Deputación de Lugo como ceo á asaltar. Raquel Arias propuxérase hai uns meses como próxima presidenta abrindo unha batalla que acabou como a de Agincourtpara os franceses. Agora, coa cadeira de enfronte da principal no Pazo de San Marcos en categoría de voceira, recapacitou ata constatar que era "máis útil" onde estaba: enchendo de contido o posto de delegada da Xunta en Lugo. Pero Arias non é a única que ía mandar en algo e non chegou ao futuro. Penso nos aspirantes do PP de Ferrol, investido como rexedor por Sondaxe, e de Ourense, ao que a broma dos ourensáns con Jácome pode animalo a usar a frase de Al Gore. O efecto secundario da chanza é que dificulta a capacidade de gobernar o concello. Louzán soubo apartarse cando viu que subía a marea; Orozco se presentou porque así llo indicou unha enquisa clandestina do PSOE lucense con idea de apartarse tras os comicios (e agora dálle preguiza), e Agustín Hernández houbo de apartarse á forza de votos convecéndose de que o seu sacrificio na Xunta foi unha manobra desacertada de Feijoo. Canto ao resto das cidades do país, Abel Caballero confirmouse como primeiro alcalde bilbaíno que rexenta Vigo e Lores demostrou que é cada vez mellor candidato e o Bloque cada vez peor plataforma política. A solidez de Martiño Noriega en Compostela colleume subido con soberbia sobre a percepción que tiña del como administrador nun pequeno municipio do intelecto utopizante de Beiras. Prometo borrar todas as consideracións que levo escritas sobre o vindeiro alcalde de Santiago e revisalas á luz de Xulio Ferreiro na Coruña e de Jorge Suárez en Ferrol. Considerei as Mareas como mareas, é dicir, como movementos espectaculares que suben e baixan cada seis horas e aínda sigo convencido de que son coxunturais. Porén, como dentro de seis días e de seis meses, cando cadren as eleccións españolas, non van ter descendido, entendo que o nacionalismo de esquerdas de Galicia que está fóra deses macroconxuntos da esquerda galeguista e de esquerda nacionalista (é dicir, o BNG) debería sumarse a eles na procura dunha representación galega en Madrid. Outro efecto, que vén sendo un problema dos militantes do Bloque, sería non acabar remitidos á clandestinidade, desta volta non por opresión dun ditador, senón por indiferenza cidadá.

Photo: A dinosaur being delivered to the Boston Museum of Science (1984).

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 567
Publicité