Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 juin 2015

PALPITA

 

gIUSEPPE

Estou en contra de que se asubíen os símbolos. Non deixa de parecerme pueril que alguén se moleste por iso, pero deberíamos evitalo mesmo no caso do himno español, tan estrondoso e tan cheirante á vida abandonamente marcial que levaban os militares franquistas, entre a taberna e a sala de bandeiras, mentres os rapaces da mili cargaban coas bolsas da compra das súas señora. O normal na Final de Copa é que, coa protesta anunciada, non soase himno algún ou que soase un himno deportivo e non político; tal vez un pasodobre racial. O Partido Popular ameaza con leis ridículas e multas que son brindes ao sol, pero o españolismo actúa movido por unha necesidade de afirmación reveladora da súa debilidade que o leva a cometer estes erros estratéxicos. Esas medidas extremarán á provocación cara a unha chea de cidadáns que opinan que rexeita que lles regulen os sentimentos por decreto lei, que lles normativicen o rexeitamento a unha música que representa, entre moitas outras ideas, a unidade de España. A identidade española, a existencia dunhas características comúns e demarcadas por unhas fronteiras, responde a unha teima castelá que arrincou co totalitarismo dos Reis Católicos e que agora palpita civilizado e democratizado, pero palpita. 

Photo: Giuseppe Grimaldi

Publicité
Publicité
Commentaires
V
Eu nin me molesto es analizar isto dos asubíos. A maior parte da xente que vai ao futbol, fíxate que non me refiro aos espectadores de outros deportes, son ordas de macarras que dun xeito ou doutro dan renda solta a sua necesidade de violencia, polo que esa pitada non me serve de baremo. Se soubese que todos e cada un dos que pitaron o fixeron convencidos do que fan entón si que mo pensaría. En fin.
Répondre
M
O peor é que xa non se asubía. Non se lle asubía ao can para que vaia tornar das ovellas. Non asubían os mariñeiros americanos nas películas de Hollywood. Nin os albaneis lle asubían ás mozas en mini saia. Tampouco se asubía no teatro ante unha obra pésima, todo o máis apláudese pouco.<br /> <br /> Antes, calquera rapaz metía dous dedos na boca e saía un asubío que se escoitaba a un quilómetro. Os do Nou Camp, coma todos hoxe, tampouco sabeb asubiar. Tiveron que mercar, á entrada, chifros de árbitro, feitos en China.<br /> <br /> Saúdos, señor Jaureguizar. Estupendo artigo.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité