Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 octobre 2014

MEXEI SOBRE OS MUROS DO PENTÁNGONO

Robert Doisneau, Cocktail molotov, rue du Petit Pont, 1944

Xavier Vence poñía antonte un novo cuño para facer patente a negativa do Bloque a pactar coa esquerda española e coa versión en miniatura do propio BNG que lidera Xosé Manuel Beiras. Aínda sendo eu partidario dun pacto coxuntural para as eleccións municipais que permita catro anos de poder local para a progresismo nacionalista, comprendo que o líder do BNG perciba a Esquerda Unida-Anova e Podemos coma formacións perecedeiras. A duración da vida política de Beiras, que el teima en ligar á súa vida biolóxica -percibo que por responsabilidade e egocentria- determinará o futuro dos marxistas integrados nas estruturas estatais e independentistas. En canto aos situacionistas de Pablo Iglesias, parécenme unha versión pacífica dos Weather Report Men, os hippies que adoptaron pola violencia para opoñerse á Guerra de Vietnam en 1969. Un dos seus líderes Billy Ayers fachendea nas súas memorias Días de fuga, que vén de editar Hoja de Lata: "Vitoreamos, cantamos e coreamos as nosas consignas, cheos de xúbilo por ter chegado tan lonxe. Eu mexeei alí mesmo sobre os muros do Pentágono. Queimei a miña libreta de recrutamento, botei as cinzas ao chan e cuspín sobre elas -levaba canda min un duplicado por se acaso- e ninguén deu un paso para arrestarme". A televisión reconduciu estes xeitos bravos de chamar a atención e agora abonda cun discurso elocuente e sofista, como ben saben Iglesias e Monedero. Podemos serve de contedor para unha ira grande e feroz, pero, como os Weather se disolveron cando rematou a guerra, esa ira esvaecerase coa crise. Ao día seguinte, desaparecerán por falta de cadros e de propostas aplicables.

Photo: Cocktail molotov, rue du Petit Pont (1944).  Robert Doisneau

Publicité
Publicité
Commentaires
J
O matiz é axeitado, pero tamén matizo eu que Podemos aprendeu do "dílle á xente o que quere escoitar" que Beiras leva décadas cultivando e sementando. Concordo no BNG. Desconcértame ese liña permanente de defensa de agricultores e gandeiros (que votan ao PP) e de mariñeiros (que vota ao PSOE). Hai unha inmensa maioría de votantes seus que nin viven do campo nin viven do mar. Por exemplo, moitos profesores votan por eles seica asumindo que apoian unha forza que non ten unha proposta para eles. 'Días de fuga' é ben interesante e está ben escrito.
Répondre
M
Concordo. E matizo que todos teñen algo que aprender de Podemos. O BNG, por exemplo, aínda usa moito o megáfono e unha cousa é a excravitude da moda e outra vivir no planeta berza.<br /> <br /> O post lembroume un gran libro, coa forza característica do autor: "Os exércitos da noite" de Mailer.<br /> <br /> Tomo nota de "Días de fuga".
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 563
Publicité