
O estudo de Quique Bordell está presidido por unha aparatosa batería que non ten máis función ca de permanecer alí porque o pintor nunca toca. Ben, si; ten outra: agochar un precioso cartel que lembra o combate de Frazier e Muhammad Alí en Manila. O venres visiteino e falamos a respecto de Frazier. A Quique non lle interesa o boxeo máis ca por estética, eu tamén amo a posta en escea do ring, pero aborrezo que o árbitro dea a orde de comezar a pelexa. Bordell e máis eu debatiamos ao día seguinte a respecto de Rothko, Pollock e algúns...
[Lire la suite]