VACA FILMS REBENTARÁ UN TRANVÍA NA CORUÑA
A nova película da produtora galega será Invasor, unha adaptación da novela de 2004 de Fernando Marías que será dirixida por Daniel Calparsoro. A película, que se inscribirá no xénero do thriller político e contará con moitas doses de acción, narrará a historia de Pablo, un médico militar que volta ferido da Guerra de Iraq do ano 2004. Emma Lustres indica que o protagonista “é un galego que vive nos arredores da Coruña e que simboliza a loita do home contra o sistema”. A Coruña tornará en escenario de excepción desas escenas de persecucións, o tramo do Paseo Marítimo que une a Torre de Hércules co Estadio de Riazor. Emma Lustres sinala que na escena tamén tomarán parte especialistas españois, incluso algún galego. “Pero claro, non é o mesmo rodar un cambio de sentido que unha colisión frontal cun tranvía e, niso, os franceses son os mellores”.