Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
13 juin 2011

XABIER QUEIPO: "NIN OS GALEGOS QUE ANDARON BUSCANDO ALASKA ESCRIBIRON EN GALEGO"

XABIER QUEIPO cóntalle a Iago Martínez en Xornal: [Un decátase con certa facilidade de que hai moitas cousas que perviven hoxe: a negación dos dereitos das minorías, a sospeita polos comportamentos individuais das persoas, a laminación intelectual dos pobos e da xente, a opresión dunha entidade imperial sobre outras ou a superstición, que en forma de catolicismo, islamismo, xudaísmo ou calquera outra manifestación inflexíbel de espiritualismo, nos levou a unha situación como a presente, na que estamos indignados.

Nin os irmáns Nodal de Pontevedra nin Mourelle de la Rúa, que andou á procura de Alasca, escribiron en galego. Hoxe é máis fácil atopar o diario de Mourelle de la Rúa en inglés ca en galego, porque en galego non existe. Todo aquel que nace en Galicia é galego, pero hai quen exerce e quen non exerce.

Unha cousa é que non teñamos unha experiencia marítima e outra que non sexamos viaxeiros ou non teñamos literatura de viaxes. A literatura da emigración é literatura de viaxes, e temos abondosos exemplos recentes, como New York, New York de Inma López Silva, Fin de século en Palestina de Miguel Anxo Murado ou o que escribín sobre as miñas viaxes por Asia. A metade de Saltimbanquis no paraíso, de Xelís de Toro, tamén se desenvolve en Londres. E hai literatura de catedrais, por suposto. De que fala Trece badaladas? De que fala Festina lente? Falan de catedrais. Se fose profesor de literatura e non biólogo, podería dar moitísimos máis exemplos.]

Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 801
Publicité
Publicité