Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 janvier 2006

O TERCEIRO HOME

Agustín Fernández Paz e máis eu debatemos sobre o uso da primeira persoa como narradora. El usa ese recurso na súa vindeira novela, Corredores de sombra (hai información en El Progreso do martes, 24 de xaneiro). Defende que lle permite facer máis crible a personaxe. Eu utilizo sempre a terceira persoa porque a primeira impídeme contar cousas que lles acontecen a outros personaxes e que o principal non coñece e mesmo non debe coñecer; tamén porque podo narrar feitos doutros ámbitos e doutros tempos. Fernández Paz permitiume ler un anticipo do seu primeiro capítulo e comprobo que a el si lle funciona, mais debe terse en conta que o vilalbés escribe cun estilo moi comedido literariamente e inzado de coloquialismo que axuda moito a esa credibilidade.

Publicité
Publicité
Commentaires
M
Non lles parece un debate un pouco... un pouco... pueril?
Répondre
O
Non está mal que discutamos amigablemente de teoría literaria e da cociña da narrativa. Obviamente, a primeira persoa limita verbo da terceira. Cómpre saber distinguir entre unha terceira persoal (el/ela) e unha terceira impersoal (narrador omnisciente: o sabelotodo flaubertián). Penso que o importante, con todo, é o tempo verbal. Eu poido escribir en pasado e primeira persoa e daquela eu conto a miña omnisciencia, a única real que poido coñecer. Hai pasado inmediato, pasado recente e pasado pasado. Mais se narro em presente e primeira persoa non saberei máis que o inmediato-inmediato (monólogo interior de feito).
Répondre
M
Solicíto-lhe permiso para anunciarvos cá um acto no que o membro do COLECTIVO LITERARIO SACOU; Ramón Blanco, apresentará o seu primeiro livro. Todo Maré Aberta estará lá.

Esta vindeira 5ª feira (joves), apresentara-se em Santiago de Compostela, concretamente em Sargadelos (Casco histórico), às 20:00 o livro de Ramón Blanco (Colectivo Sacou) "Orfeu en soños". Parte, senom toda, a tripulaçom deste barco estará alô. Convido a todos os visitantes deste blog que nom perdam a oportunidade de conhecer a um poeta que, com plena certeza, dará muito que falar no futuro da nossa literatura.
O acto estará apresentado por David Perez Iglesias e Paulino Vazquez.

Umha forte aperta e gostaría que de estardes interesasdos vos pasásedes polo acto.

Saudos do Capitam de Maré Aberta!!!
Répondre
O
Peke, non expresaba a miña opinión, reflectía opinións alleas.
Répondre
C
Supoño que cada historia pedirá o seu xeito de contar. ¿Preponderancia? Hoxe mestúrase todo. Quizais Fernández Paz, bo escritor, debería variar algo o xeito de contar para que as súas novelas non semellen tan cortadas polo mesmo patrón. E quen emprega "sempre" a terceira persoa, está ben se pensa que a historia o pide así, pero non pasa nada por buscar outras cousas e experimentar.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité