Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 février 2008

AS ROUSAS DE PIMENTEL

Vai alá medio século que o barco ficou sen luces. Presumimos del como un dos nosos, cando non o foi. Un amigo que estudou os seus manuscritos di que o seu galego era deforme, que el intentaba escribir en galego e lle saían cousas como rousas. Sempre había algún amigo disposto a correxirlle o textos. Os galeguistas de Lugo (Fole, Piñeiro, Fernández de la Vega, Bal y Gay, etc.) tiraron por el deseguido para atraelo á causa e lográrono, pero seica para el o galego era un xeito de chamar á súa filla ou de berrarlle cabuxiña as poucas veces que reñía nela. Mesmo González Alegre incide na súa teima en escribir en español. A calidade da súa poesía é tan elevada que mellor nos quedamos para nós todas estas consideracións.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
http://www.vieiros.com/opinions/opinion/354/luis-pimentel-o-galego-e-un-bilingue
Répondre
A
Alégrome de poñelo difícil. Hai moita xente queimando as pestanas para chegar a conclusións asisadas en temas espiñentos.

Jalepá ta kalá. A belo é difícil. Será.
Répondre
J
¡Buf! O caso de Cunqueiro é a excepción que nos fai dubidar da regra de que o idioma determina a literatura. Difícil nolo pon.
Répondre
A
Pero agora camiña. Nos seus versos camiña. Traducidos ou non, permanecen en galego e alcanzan unhas resonancias e unha beleza moi, moi, moi singulares.

Que a xeración do 27 dese unha volta pola poesía galega non estaría nada mal.

E si, é certo. Pimentel era un hipocondriaco e mais un hiperestésico. Como moitos poetas, que ás veces son imposibles de tratar se non é a través dos seus versos.

Hiperestesia no persoal. ¿Metagaleguidade na súa obra?

As crónicas do Sochantre/Las crónicas del Sochantre. Eu penso que Las crónicas del sochantre non é un libro galego traducido ó castelán. Creo que forma parte, de pleno dereito, da literatura castelá. As crónicas do sochantre, da galega.

¡Uf! ¡Ata onde poderíamos chegar!
Répondre
J
Ambrosiano, considero que estamos mesturando cuestións filolóxicas con outras políticas. Andei estes días documentándome sobre Pimentel e o retrato que me sae é o dun home bo, timorato, pusilánime, xeneroso,hipersensible... deixouse levar durante moito tempo, do galeguismo, para a literatura de Francis Jammes, pasando pola Xeneración do 27. Creo que os poemas que logo o seu sobriño (o pintor Vázquez Cereijo) e máis Andrés Trapiello editaron como 'Cunetas' corresponden ao momento en que o horror diante da represión fascista superaron ao seu pánico e á súa indolencia. Luz Pozo Garza, que viviu nun tempo no andar inferior ao de Pimentel, lembra como o subían un día polas escaleiras da casa medio esvaído. O noxo que sentía por tanto crime e tanto dano a mantenta era tal que non daba camiñado.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité