20 août 2008
PARISEO CURTAMENTE
Aínda co recendo de Paris nas glándulas olfatotactilogustativas, miro Paris je t'aime. Os Coen, sobrados de enxeño; Van Sant, moi correcto; Fréderix Auburtin e Gérard Depardieu entregan un agasallo a Ben Gazzara e Gena Rowlands; non menos especial que o que Richard Lagravanesse pon en mans de Bob Hoskins e Fanny Ardant; Alfonso Cuarón se exhibe cun magnánimo plano secuencia e unha trama sobordante de talento. O resto das curtas fan que pague a pena mirar o conxunto.
Publicité
Publicité
Commentaires