Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 octobre 2008

MUJERES Y PERRAS

Rogelio Menéndez, un señor de Redondela que leva setenta anos en Montevideo, queixábase onte do pouco caso que lle estamos facendo aos inmensos e interesantes fondos galegos que hai na cidade. Falaba, por exemplo de correspondencia entre Castelao e Pasionaria que eu descoñecía. Contoumo durante a miña intervención na Feira de Libro de Montevideo, nun acto no que, a pesares de que a charla ficaba nun terceiro andar e de ser eu un estupendo descoñecido que prometía falar sobre literatura galega actual, contou cunha asistencia que xa me gustaría ter en moitas prazas galegas. A maior parte do público non tiña nada que ver con Galicia, mais premitiron a miña postura simbólica de falar en galego. Onde tamén falei en galego sen ter que explicar a razón para facelo foi na nova e preciosa sede do Patronato da Cultura Galega, unha soberbia casa modernista que veñen de inaugurar. O salón estaba tamén ateigado, pero desta volta entendino como a entrega dos descendentes de galegos á cultura do noso país. O centro ten infindas actividades, dende ensino da lingua ata pintura, e todo se desenvolve gratis et amore, polo voluntarismo e a xenerosidade desa comunidade. Empezamos e rematamos falando sobre o ribadense El Viejo Pancho, a quen os homes salientaban como cumio da poesía gauchesca, e as mulleres deostaban por un poema no que di algo así como "mujeres y perras, tuitas son lo mismo". Eles recoñecían o machismo e argumentaban que era un produto do seu tempo, elas que era imperdonable nunha persoa desa cultura.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Non lle digo que non, Ernesto, son ben despistado.
Répondre
E
E ele não seria Rogélio Martínez?
Répondre
J
Na feira do Libro de Montevideo había xente culta e educada, non coma os afrikaners da Galicia Bilingüe que promoven o apartheid lingüístico. Como se informen de que nun centro de Bos Aires hai rapaces recibinbo oito horas de clase semanais en galego! E moitos deles nada teñen que ver co noso país, van a ese centro, o Santiago Apóstolo, polo seu prestixio.
Répondre
B
O da correspondencia de Castelao e a Pasionaria . Ela existe ainda, a correspondencia? E ninguen (que vai pra ningures) vai facer nada para resgatala até que "desapareza" casualmente, ou sexa vendida a un moinante pillabán? Ul-a a nosa Consellería de Cultura? Ul-as as pomposisimas secciois culturais das nosas xenerosisimas caixas de aforro y Monte de Piedad?<br /> Asi que monsieur de Voltaire falou na Feira do Libro de Montevideo en galego, sen ter que pedir desculpas, e sen ser insultado, ou sin on consabido..."en castellano, yo no entiendo... todos somos españoles..." ¡Vivir para ver! como foi iso posivel? É que Galicia Bilingüe non ten sucursal en Montevideo.... Vaites, vaites...
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité