Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 décembre 2008

AXENTES LITERARIOS NA FEIRA DAS VAIDADES

A edición española de Vanity Fair deu xuntado a Jorge Herralde e a Carmen Balcells. Sorprendeume non atopar un aviso na capa: o editor e a axente literaria máis importantes do sistema literario español reencontrábanse tras anos de enfrontamento.

(Este artigo apareceu en El Progreso. O resto segue en Comentarios)

Publicité
Publicité
Commentaires
J
A cronista non nos conta o enfrontamento. Deixouse impresionar polo personaxe de diva teatral coa que se presenta Balcells a cada volta nas contadas veces nas que concede unha entrevista, con esa pose de “mira que importante son e como teimo en insistir en que os autores son o primeiro”. Lin por enémisa vez as referencias ao treboento carácter da representante, ao xeito operístico que ten de dirixirse aos seus empregados e as consabidas anécdotas sobre García Márquez e Vargas Llosa,... Volve lembrarnos o desacougado que ficou Jorge Herralde despois de que Balcells lle marchase con Roberto Bolaño, ese escritor ao que o editor barcelonés construíu despois de que andase de fracaso en fracaso cos seus libros. En relación con ese asunto, dou cunha xoia no medio do páramo polo que me levaba a xornalista de Vanity Fair: a cronista refire a furia que lle provocou que o axente norteamericano Andrew Wylie veña de arrebolarlle a ela os dereitos de Bolaño. Andrew Wylie ten tantos alcumes como inimigos nas editoriais e nas oficinas literarias (O Chacal, O Demo Tolo, O Predador de Ollos Fríos, O Monstro,...).<br /> Procuro información sobre o affaire Bolaño e dou cunha referencia en El País, cun xornalista fascinado porque Wylie estuda meter en nómina a Muñoz Molina. Escarmentado coa fascinación aparvante que os axentes importantes provocan nos periodistas españois, fago unha nova procura e atopo unha longa entrevista con O Chacal na revista norteamericana 'Portfolio'. O representante de Norman Mailer, Philip Roth, Susan Sontag ou Italo Calvino entresaca do seu catálogo a Jorge Luis Borges como o que máis lle interesa da literatura española. En El País deixara bastante claro que esa parte do seu repertorio de autores non vai medrar porque rexeita facer máis tratos con españois por seren xente con pouca palabra. Afirmaba que no mundo anglosaxón abonda con que estreitarse a man para asinar un contrato, pero os españois sempre atopan algunha excusa para o incumprimento. Poida que Bolaño sexa o derradeiro.<br /> Non é mellor a súa opinión sobre Francia, “onde cada avogado co que falas, cada taxista, teñen unha novela”. No país non existe a figura do axente literario, porque os galos poden falar da cultura dos negocios, porén fáiselles bárbaro falar do negocio da cultura. Wylie amosa unha maior simpatía por Italia,non porque atope un mellor clima ético, senón por Calvino e porque o propio axente divírtese farfullando italiano.<br /> O xornalista de Portfolio preséntalle dediante o enfado Amis-Barnes, que el provocou sacándolle a obra de Amis á muller de Barnes, a axente Patt Kannavagh, pero Wylie elude a rifa. Iso si, non evita amosar a súa disconformidade co xeito no que foron editados os contos de Carver, porque os mira desvirtuados por Gordon Lhym; nin a súa admiración pola velocidade mental de Norman Mailer. Non menos admiración sente pola presentadora televisiva Ophra Winfrey, que o impresionou ao lograr que se vendesen nos Estados Unidos 750.000 exemplares do complexo 'O ruído e a furia', de Faulkner, nun só mes tras recomendalo no seu programa, un magazine xeralista para público feminino. Quizais, reparou en que Ophra Winfrey acae ao tipo de axente literario que precisamos.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité