Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 octobre 2009

INTENTAN FACERLLE SOMBRA A ROSA ANEIROS

Cando Rosa Aneiros montou aquela traca tan fenomenal de gañar dous premios por xunto, augurei que o sistema literario ía facerllo pagar. Daquela chamáronme agoreiro; sempre me chaman algo, pero desta volta pensaron que esaxeraba. Pasados os meses, comprobo que a miña predición non andaba moi lonxe da diana: estáselle facendo o baleiro. Empezan os congresos, as feiras internacionais, as merendolas,... e leo os nomes dos novos amigos dos que pagan agora as enchedelas, pero non leo o nome de Aneiros por ningures. Pola miña banda, farei o que poida relendo 'Sol de inverno'. Foi un descubrimento gozarlle unha versión hai un par de anos, pero faltáballe unha volta a aquel texto que agora estou certo que deu porque, doutro xeito, non lle valería o Premio Xerais. En canto remate de corrixir un par de novelas que me teñen atoado (dúas, si; prezados inimigos), retomarei a lectura pola páxina 1. Co rostro cara ese sol de inverno.

Publicité
Publicité
Commentaires
V
COn todos os respetos para ela, a min cústame que pensar que Rosa Aneiros sexa tan importante como para boicoteala. Máis ben falaría de que este goberno vai premiar con viaxes e congresos aos seus, que é e exactamente o mesmo que fixo Ánxela Bugallo cos escritores próximos ao nacionalismo. Polas opinións que escribe nas súas columnas tampouco é de sospeitar que a Rosa lle vaian pasar a rebarbadora, a non ser que agora tamén se bote ao lume todo o que cheire a piñeirismo (o do Ramón, non o do Súper). En todo caso, sempre é interesante ver que escritores nunca son convidados a nada polos seus des-gobernos e que escritores non están dispostos a que lles paguen absolutamente nada (máis que a edición do seu libro, claro), porque neles está a esperanza de verdadeira independencia intelectual.
En todo caso, isto é só unha opinión. Por outra banda, Caneiro é a literatura galega o que Guti ao Real Madrid. De vez en cando hai que sacalo de titular para que non se enfade.
Saúdos
Répondre
J
perdón, non é nos premios o que quería escribir, senón nos congresos.
Répondre
J
Flocon, ti sabes coma min o que proeu que Aneiros venda e venda edicións de 'Resistencia' e levase o Xerais. A maiores levou un premio LIX, que proe menos, pero proe. Eu non penso que haxa un boicot activo contra ela, pero si que está sendo ignorada malia que debería estar representándonos nos encontros e nos premios.
Répondre
F
Penso que fías de máis ao relacionar os novos amigos cun boicot a Rosa. Malia que ti es o xornalista con olfacto.
Penso que nestas historias debería haber dende sempre un criterio fixo de que autores ou autoras levar, bastaría con coller a relación dos premios máis senlleiros da tempada e así remataban as sospeitas.
En fin, polo menos non tiveron o descaro de levar á Martita.
Eu vou convidado ao GALEUSCA esta fin de semana e xa comezo sospeitar de min mesmo :-).
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité