Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
31 octobre 2009

CAMILO FRANCO: "ESCRIBIR NON É MÁIS CA UN OFICIO"

Camilo Franco segue sendo o que mellor pensa as nosas letras: "Son da idea de que un dos grandes problemas da literatura contemporánea é que construíu ao seu redor un discurso de iniciados que a foi distanciando da xente normal. Xorde a idea de que un escritor é unha especie de crego ou gurú que está máis elevado que o resto da sociedade, cando escribir non é máis que un oficio. Así que se foron perdendo espazos para a lectura. Hai xente que asegura que para ler deben darse unhas condicións obxectivas, como para o marxismo nos 70".

"No meu caso parto da idea de que non son un autor recomendado nos institutos, non estudei filoloxía galega en Santiago, non pertenzo a ningunha xeración de ningunha Costa da Morte e tampouco teño mil colegas que cando saco un libro vaian mercalo. Se non hai ensino, nin universidade, nin bibliotecas, nin congresos, para moitos autores non hai vendas, porque o mercado en Galicia está moi cativo".

Publicité
Publicité
Commentaires
J
pois eu creo que se un lector de formación e dedicación medias non entende A illa do Tesouro, esa obra ten un problema.
Répondre
R
Desacralizar o feito de ler está moi ben, eu apúntome a iso, como a desacralizar o museo de arte contemporánea. Só lle pido por favor aos "liberados" que non pensen que só con concentrarse, ler, ollar e sentir está todo o traballo feito. Porque ás veces iso -con determinados escritores, determinados artistas, determinadas interpretacións en definitiva- non é suficiente; non comparto o razoamento "pois se non chega cunha primeira lectura é que a obra falla". Normalmente fallamos nós, non A Illa do Tesouro.
Répondre
J
Eu creo que nunca se vai ler como no século XIX nin como na primeira metade do XX. Os estímulos son numerosos e a competencia para o libro moita. Se non queremos, asumilo, demos aos rapaces na cabeza con Otero Pedrayo e o Cantar del Mío Cid. A min non me apreciaba a literatura que me daban en clase (si a que atopaba na casa) ata que me tocou un profesor en COU que sabía como contala a rapaces de 17 anos.
Répondre
E
Seica os rapaces tampouco se concentran coa Illa do Tesouro.Hai un profesor que llelo fixo ler e non o entenderon. O poder de concentración do lector contemporáneo está a desaparecer totalmente. Menos mal que acudirán na súa axuda os escritores sen literatura.
Répondre
J
Eu non faría esa lectura tan literal, senón unha lectura de desacralizar o feito de ler.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité