Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 juin 2011

MERLIN, O CABALO QUE COME LARANXAS

SPEED VAI afeitarse hoxe. A súa barba é mesta, de pelo fino e teso. Faino cando asoma a calor do verán. Este ano vai rasurarse a máquina, aínda que Vilar, o núcleo onde vive, carece de enerxía. Nunca houbo luz en Vilar. Os habitantes orixinarios marcharon e os novos que chegaron foron vindo nunha suave colonización iniciada hai tres décadas. Agora viven sete adultos e dous nenos. Varios chegaron dende Madrid ou Burgos; Speed vivía en Encontramento, «un sitio perto de Lisboa de onde saen todos os trens». El subiu a un vagón calquera hai trinta anos e percorreu media Península ata chegar ao centro do mundo, o centro do seu mundo, un casal de Negueira de Muñiz. Ás veces as súas veciñas deciden que a barba non debe acadarlle o peito e sorpréndeno despistado para rebaixarlla. Onte, non, onte foi el quen decidiu darlle uso á máquina aproveitando que hai un gran xerador eléctrico no lugar. O aparello é tan grande coma o camión que o abeira. Aparcou en Vilar porque é o motor que mantén a ralentí un equipo de setenta persoas e cinco camións que está rodando a película ‘Vilamor’ , de Ignacio Vilar.

(A crónica da miña visita á rodaxe de Vilamor segue aquí)

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité