Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 octobre 2011

OS SOCIALISTAS TAMÉN LEN AS ENQUISAS DO ELLE

familydesign_01Sarkozy chamoume esta noite. El insiste no convite. Eu xa lle retruquei, razoadamente, que os franceses non aceptarían que un estranxeiro fose o padriño da filla dun seu presidente. Nicolás nunca se rende: "Carla tamén é italiana, e mira como a queren", volveu xirar a roda do muíño. Pero Carla marchou de Italia por que as Brigatte Rosse querían deixala orfa de pai. Ademáis, canta 'Quelqu'un ma dit' nun bisbar tan sensual que nin Lucía Pérez logrará cando se faga rotundamente muller. No fondo, estou por aceptar, pero temo defraudar á cidadanía gala. Non hai nada que ame máis un francés ca o amor, como ben explicaba Trufautt. A segunda cousa que máis aman son os queixos, pero moi pegadiña nas súas preferencias vanlles a política e a televisión. O propio Sarko logrou ser aprobado por Francia porque xa ía despedindo a Cécilia mentres lle marchaba cun publicista e, asemade, anunciando á ex modelo e cantante. Os socialistas tamén len as enquisas do Elle. Strauss-Khan casou coa presentadora Anne Sinclair e Hollande, tras preñar en catro oportunidades á súa rival Segoléne Royal, convive coa periodista Valérie Trierweiler. Nisto consiste a grandeur, nunha fondue de poder e popularidade entre os ben informados e os que deciden. Por baixo do estrado, o pobo reclama ser gobernado por unha familia elegante. Giulia veu completala.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité