Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 novembre 2011

A EDICIÓN ESTÁ CHEA DE TRAMPAS

the pale kingSEBAS E MÁIS eu subiamos dende o fondo do encoro do Belesar, da beira na que está Santo Estevo de Atán, por unha estrada que lembra unha serpe de plastilina deformada. Paramos cabo de dous vellotes para preguntar de irmos correctamente cara a Ferreira. Os señores ignoráronos porque discutían os motivos dun suicidio. Eu nunca discutiría iso porque alguén que comete o único erro irreparable debe ter unha causa coma un elefante okupándolle o cerebro. David Foster Wallace asegura que «o corazón humano está cheo de trampas». «Aburriu da vida» argumentaba un concedendo ao cansanzo existencial toda a lexitimación explicativa. Ao outro facíaselle imposible a idea de que alguén cansase de admirar o espectáculo do mundo. Para aburrir da vida hai que ter visto moita, ou demasiada pouca. Foster Wallace mentiulle á muller dicindo que non iría a un cumpreanos daquel setembro de 2008 porque non se atopaba a xeito. Non apareceu na festa. Apareceu morto. Reflexionara moito sobre o aburrimento. Coñecíao ben porque debía de aburrir a esgalla escribindo libros inzados de humor. Entregábase a eles. Cando morreu levaba anos redactando ‘El rey pálido’ (Mondadori). Asistiu a un cursiño de contabilidade e traballou durante meses en asuntos fiscais para escribir esta historia de aburrimento na que os protagonistas son empregados do Centro Rexional de Exame da Axencia Tributaria, nunha vila de Illinois. Ao finar, apareceron un borrador de 200 páxinas e outras 3.000 de anotacións que o seu editor, Michael Pietsch, ousou reconstruír neste volume. O resultado é o esperado: unha ensalada de capítulos xeniais e bocexos. A edición humana está chea de trampas.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité