Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 décembre 2011

A CRISE DA OBSCENIDADE

double_indemnity1A crise da economía está rematando coa crise da obscenidade. Cando me informara de que Portos proxectara un peirao marítimo en Xinzo de Limia, a 150 quilómetros do Atlántico, representeime unha portentosa megaconstrución en plan canle de Panamá, con milleiros de negros deixando as médulas no pataqueirais para poder fixar as estruturas das esclusas. Pero os recurtes obrigáronos a renunciar á nosa canle de Sabela II, que posibilitaría navegar dende Gondomar ao interior de Ourense, cun embacardoiro en Ponteareas. Mesmo soamente nos queda a morriña daqueles "pisos de auténtico semilujo", que sempre refire o meu sogro nos xantares familiares. Eu xuraría que David Cameron sentiuse afectado persoalmente por esa sobriedade orzamentaria e, como reacción máis propia dun adolescente que repara en que nunca moceará con Justin Bieber, desairou a toda a Eurozona; algo ben doao se te parapetas tras as galernas da canle da Mancha. A diferenza da súa actitude, en Ponteareas son máis de Angela Merkel, máis do apaño que loce igual, pero nos aforra uns potosís. Renunciaron ao embarcadoiro de carga e descarga de mercadurías e, no canto de contratar a Angelina Jolie, decantáronse pola "dobre auténtica". A rapaza vailles aparecer en coche de época, será recibida pola corporación local e pasearase polo comercio cobrando centésima parte do que levaría a orixinal. O efecto será semellante porque non temos noticia de que Angelina sexa Galbraith. Trátase de que sorría e dea algunhas mans, coma doña Ana de Pantoja nos concertos da pequena. A outra vantaxe da dobre de Jolie é que non pretenderá adoptar ningún dos nenos que lle pidan autógrafos.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité