Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 janvier 2012

SR. KOZY

Boxers_TeenieHarrisOs de Standar and Poor's non teñen corazón. Ou, cando menos, padecen unha alteración na percepción das emocións alleas. Eles suben e, sobre todo, baixan as súas calificacións sen reparar en que detrás de cada presidente sempre hai unha gran muller. Ou un grande home. Imaxino a Sarkozy a noite do pasado venres, sentado no extremo dunha desas mesas longas que teñen permanentemente abertas no Elíseo porque disponen de sitio abondo, non coma vostede coas extensibles do Ikea. Carla no extremo oposto, coa tinta de Le Figaro aínda sen secar de todo, lendo que lle sacaron un A, que casou con Sr. Kozy. A cantante asumindo en que non apañara tan ben como pensara, que o seu home era tan apoucado como o seu físico lle indicara, que voar a un paisiño de África para mandar a uns gobernantes malos de Disney Channel que liberasen uns dignísimos cidadáns galos non habilita para aguantarlles media labazada aos Standar and Poors. Os mandatarios sempre teñen que xustificar ante alguén íntimo as súas decisións públicas. Non falla que o cuñado ou o curmán che retire o saúdo despois de que ti lle retires un beneficio. Supoño que a Louzán lle está pasando co estudo para eliminar os seguros sanitarios a 255 funcionarios da Deputación. Aforrará medio millonazo de euros, pero gañou 255 incomodidades. O ambiente, as olladas, os sorrisos, a rapidez para quitar os cartos que paguen o café de media mañá… todo se ve alterado por unha decisión de economistas que viven a milleiros de quilómetros. Estou certo de que, antes de entrar a traballar na axencia, lles extirpan a glándula das emocións porque, senón, non darían feito o traballo a xeito.

Photo: 'Boxers' de Tenni Harris

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité