Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 février 2012

RENOS

jeff-carter-tobacco-road-1956

Esta mañá vestín unha camiseta con caras de renos que me importou a cativa dende Oslo. Son grises e adornados de cornos amarelos. Un deles ri, outro atura un resfriado esmagador; un terceiro está enfadado -semella actitude vital- e un cuarto, soña. Así ata dez estados de ánimo. Puxen esa prenda para facerme unha idea da situación que pode atopar un desempregado en Laponia. Ben sei que estou sobordando a pavuxada de Feito, pero os seus xefes deberían saber que un micrófono é unha arma con un radio de acción demasiado amplo como para deixala cargada diante dun asesor. Influíron con tanto grao de acerto na reestruturación das condicións de traballo que non reparan en que a estética é fulcral na democracia. Cada quen aprende o respecto como pode. O meu avó teimaba en ser testemuña de todo cando acontecemento axitaba Bilbao, independente do grao de risco para os seus netos, meniños daquela. Non perdía unha manifestación; sempre como espectador porque xa recibira a súa dose de franquismo. A miña infancia son lembranzas de ver pasar correndo, dende a cara interior dun escaparate, un grupo de barbudos e, logo duns segundos, a un grupo de señores grisáceos. Nunca pensei que iso volvería, que lindarían a estudantes coma renos. Agora que a porrada deixou de ser vintage, vai haber quen arele emigrar a Laponia para que o empregue Feito.

Photo: Tobacco Road (1956) Jeff Carter (Australia, born 1928)

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité