Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 février 2012

CAMILO NOGUEIRA É UNHA BRÚXULA

poor cows

CAMILO NOGUEIRA foi concebido coma unha brúxula. Interiorizou os puntos cardinais coma un precepto relixioso. Daría un bo porteiro porque as súas extremidades son longas e sabe situarse. Cando fala contigo, está observando ao redor, calculando distancias e resistencia de materiais. Nácelle. Tendeu a man a Fraga nun xesto calibrado que os seus percibiron como a Operación Ogro. Homolagaba e homologábase. Agora, o instinto indícalle cara ao Bloque. Non fagas mudanza en tempos de axitación, aconsellaba Ignacio de Loiola. Camilo non mudará en tempo de autonómicas. Aymerich debería uliscarlle o rastro e andar pegadiño a el. O líder de Máis Galiza camiña en dereitura, pero co cerebro envurullado. Actuará segundo anunciou, pero sabe que anda en malos pasos. Calzou uns zapatos de chumbo para percorrer a modo e con desgaña o camiño que lle marcou a UPG. Os que lle varreron os pés en Amio, afírmanlle o liderado como leal xefe da oposición interna do Bloque a cambio de que quede. Se marcha, sabe que os seus o derrubarán do cabalo por non decidilo antes ca Encontro Irmandiño. As crisis precisan unha explicación tautolóxica, sempre irracional, e Aymerich sería consagrado na expiación. A escapada de Beiras leuse coma unha perrencha, cando foi un xeito de sitarse na vangarda do Novo Proxecto Común. +GZ gañou fereza na súa advertencia de rutura consentindo que se lles adiantase. Máis nada. Parece que a Guillerme Vázquez non o inqueda. “As baixas son mínimas, mesmo hai altas”, explicou con ese humor cínico propio dos presidentes de clubs de fútbol. Unha vez fóra, Beiras ten a liberdade para volver a estruturar o nacionalismo. Sería a segunda vez.

Photo: Poor cows. Bruce Robbins

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Andaba onte ben canso para razoar como merecía o teu comentario. Evidentemente ten máis peso +GZ, pero ten menos líder ca EI. A situación volve, como dis, a Nogueira e Beiras en bandos distintos, aínda que ao revés. Nogueira parece ter amortizada a ambición, pero Beiras non e aínda exhibe carisma para armar un novo partido. Non sei se o conseguirá. Sei que van quedar moitos satélites fóra e van precisar quen os encauzase e velaí o problema. Aymerich non arrastra e Beiras é demasiado vello. Supoño que Aymerich é consciente e por iso queda no Bloque. Grazaz pola paciencie e a explicación
Répondre
X
Hame desculpar: ao discurso económico habitual acrecentóuselle que para min era tarde tamén. Case mellor que me descifre un pouco: fundamentalmente, dado que Camilo e Beiras volven andar en casas diferentes, se aquel atina quedando na que está, este dificilmente estruturará o nacionalismo nunha nova. Por outra banda, a min paréceme que se Aymerich marchase coa súa corrente, a cabeza de cartel electoral posiblemente fose súa: é moito máis +G ca o EI, e non só en número de afiliados.

De calquera forma: non lle creo que sexa tempo, realmente, de ningún deles, para aló de que as súas caras veñan ben e eventualmente poidan encabezar. A que se move realmente é unha xeración moito máis moza, e iso é o que trae desbordados os antano eficientes aparatos políticos.

Espero que isto resulte de mellor dixestión. Haxa boa noite, en todo caso.
Répondre
J
Hui, señor Sanroquino. Esta resposta súa é complexa e elaborada. Deame unha noite para relela e pensala, please.
Répondre
X
Pois vexa que desta cómpre disentir. O ritmo máis pausado de +G resulta porén máis maxestoso: é paquebote fronte a bergantín. Se Aymerich seguise, entendo que sería candidato á Xunta de querer; xa que non, igual o é Beiras máis trinta anos ou talvez, como dixo un, "alguén con máis táboas [ca outros]".

Non lle entendo ben, canto a Aymerich, como se concertan dereitura e malos pasos; nin o instinto (atinado, di vde., ¿non?) do Nogueira e ese papel estruturador dun Beiras que, agora digo eu, vale moito pola sona e será referencia, pero non tan activa, colixo, como era.

Quen atina, ponderado blogueiro? Todos xuntos, aparenta imposible.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité