Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 mars 2012

PACHI VÁZQUEZ: TI TAMÉN, BLANCO?

sérgio béjar

A sede central do PSdeG está na rúa Salmón de Lugo, un lugar para remontar o río. Ese vial é ancho e curto, está abeirado por casas vellas e baixas, erguidas en mala arquitectura, e outras recentes, lanzais e poderosas. Un pouco como o partido mesmo. Os socialistas teñen o local nun entrechán nos edificios novos onde José Blanco exerce a real politik. A decisión, xa falaba diso cando escribía antonte para onte, é que a lista oficial que encabeza Pachi Vázquez mude a lista oficiosa, quedando a oficialidade para Elena Espinosa. O que pensa agora Vázquez xa nolo contou Shakespeare en Xulio César, cando o  mandatario sente que os senadores empezan a acoitelalo. Aínda se sorprende de que Bruto colabore con eles preguntándolle: "Ti tamén, Blanco?", alporizado de que o desprece quen o apoiou como líder ata que perdeu a honra de testaferro. "Daquela, caia Pachi", contestaría Blanco como falando para a posteridade. Hai un razoamento edificantemente máis sinxelo, que veño de lerlle a Anxo Lugilde no Twitter: "Coa frase de Orozco de que Espinosa é como unha irmá, creo que case acabou o congreso do PSdeG". Cortante navalla de Ockam. Orozco recoñeceu que o candidato que había era Pachi, pero Espinosa é familia e o socialismo de Lugo é familia. Orozco deu clase no instituto a Besteiro e Blanco. Eles integrarán a troika, co de Palas ao mando, que dirixa o PSdeG nos vindeiros anos porque as formas na política son bonitas, pero a famillia pesa. Imporase o ius sanguinis. Mesmo non me estranaría que colocase a Besteiro como aspirante a San Caetano e deixase a Espinosa para dar as roldas de prensa do partido.

Photo: Sergio Béjar

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 439
Publicité