Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 avril 2012

EXPLICARMOS GALIZA

daniel budrot

Acabouse o tempo do espectáculo. Por iso,o sensato Hollande venceu ao tosco Sarkozy as primarias e as sondaxes confírmano para as definitivas de maio. Por iso, Juan Carlos de Borbón desculpouse, porque admirar a quen dispara con salvas do Rei podía ser simpático cando nas familias eramos máis coches ca persoas. Pero os coches están agora aparcados na rúa con moitos carteis ansiosos de 'se vende'. Con todo, o monarca español acertou a artellar un peche para o seu ciclo de depropósitos -cando menos un peche formal- solicitando un perdón público que houbemos de concederlle porque non se nos abre a menor posibilidade de negarllo. Anxo Quintana non andou tan espilido nin lle rondaba un nobre de Foz, o Conde de Fontao, para bisbárlle ao oído o que debía facer. Chantáronlle unha foto de arquivo na longa eslora de Jacinto Rey e careceu da habelencia de dar unha explicación a tempo. Seica o Bloque aprendeu da torpeza e decidiu dotarse dun medio que lle garanta a comunicación directa co seu electorado, ao que, cando menos, debería explicar como vai afrontar as consecuencias do Verdún de Amio. O xornal ten aspecto saudable na súa e-versión e que Carme Vidal forme parte do equipo dá confianza.

Publicité
Publicité
Commentaires
L
Claro que si. Traerá a opinión de milleiros que son os que lerán ese xornal. Pero non impedirá que outros xornais, de máis tirada, poidan facer unha putada cando queiran. E saltarse as máis elementais bases dunha democracia, que, coa información manipulada, non ten moito de democracia.

A batalla eu penso que hai que dala cos lectores deses outros xornais. Que eses cidadáns non consintan que se lles manipule, aínda que non señan dos que len Sermos Galiza. Se non, son esferas que non se tocan. Saúdos e grazas por escoitarme.
Répondre
J
moitas gzs por comentares, Loreto. Explicácheste estupendamente. Concoro basicamente no que dis. Aínda que matizarei que opino que Sermos Galiza non vai traer a obxectividade, pero si a visión de milleiros de persoas que votan esquerda e nacionalismo. Iso é bo porque enriquece o panorama e a posibilidade de elexirmos
Répondre
L
Bo día! Exprésome moito peor ca tí, pero quería comentarche que o grave dese asunto de Quintana, a quen eu non tiña en demasiado aprecio cando estio na Xunta de Galicia, é que ninguén se extrañe de que un periodista ou un xornal poida ocultar unha información perante 5 anos, até que lle seña útil. Iso non se vai solucionar de todo con Sermos Galiza.

Solucionaríase, para mín, cunha cidadanía e cuns suscriptores, que se sentisen estafados porque lles ocultaron esa información tantos anos. Porque unha democracia na que se nos oculta algo coma iso, xa non é que estea algo viciada, é que é unha tomadura de pelo.

Saúdos e perdoa o rollo.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité