Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 mai 2012

RAJOY NUNCA NOS FALOU SOBRE A TEORÍA DA RELATIVIDADE

Andre-Kertesz21

A teima de reducir investimento en Educación tenme desconcertado. Ben sei que os políticos Reino de España non son persoas de lectura devota nin sequera de lectura distraída. Ao cabo, para ser representante público precísase entrar nas listas, pero excusa un de memorizar textos para opositar. Iso sempre dá unha certa riqueza de vocabulario. Rajoy insiste en tirar profesores das aulas e non debería ignorar que o saber podería axudarlle nese fallo que el atopa no seu xeito de gobernar: a política de comunicación. Onde outros sinalan unha política errada, el apunta a unha comunicación torpe. Se os gobernados, por exemplo, fosen coñecedores da Teoría da Relatividade de Einstein,aínda aforraba explicacións reiterativas. O físico alemán explicounos que o tempo e o espazo vense deformados por unha masa abondo grande. Esa formulación sería abonda para comprender que Rajoy formulou as súas promesas electorais nun espazo e un tempo que se viu curvado pola magnitude da crise económica. O atranco reside, logo, en que os cidadáns ignoran a gran potencia dunha masa coma Alemaña para torcer unha vontade, mesmo a vontade sólida dun opositor exitoso a rexistrador da propiedade. Esa falta de coñecemento é comprensible a nada que nos informemos de que o gran debate que convulsiona o territorio estatal de norte a sur é a presidencia; pero non a europea, senón a do Barça. As análises máis fondas, os estudos máis precisos, as lecturas do Mundo Deportivo, conducen ao obxectivo magno de coñecer o futuro de Guardiola. Como é ben sabido, unha cuestión dese volume, pode alterarnos o tempo e máis o espazo de xeito determinante nas nosas vidas.

Photo: Eiffel Tower(París, 1929). André Kertesz

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité