Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 mai 2012

SEI DUN SITIO PARA COMER....

ash5[1]

HAI UN NÚMERO limitado de comensais dos que te podes fiar para xantar dun xeito sensato a un prezo equilibrado —Ive incluído—. Cando te citas con intención de ir comer con varias persoas, sempre hai un alma de pioneiro. «Eu coñezo un sitio...», apunta para transmitir que sabe dun restaurante na túa cidade diante do que pasas inadvertido cada vez que camiñas por diante no que ofrece unha gastronomía fabulosa, para indicar que é un ‘connaisseur’ e, o peor de todo, que se propós unha alternativa quedarás de competitivo resabiado e necesitado de ser reeducado nun modelo a escala de Siberia. Así que, calas, finxes sorpresa e entusiasmo cara á proproposta, déixaste guiar ata o restaurante comes e calas.

Botas boa parte do xantar confirmándote o ben que che sentaría estar comendo no lugar no que proxectaras na imaxinación antes de someterte á proposta allea.

Neses momentos, añoras a Fómula 1, onde os mellores chóferes do mundo van de país e país para correr de estrada en estrada; iso si, pechada para eles. O mellor da elite automobilística é que todo é previsible, os conductores acaban na meta, máis ou menos, como saíron. Como cando comes no teu espazo favorito e dás a man ao camareiro que te recibe dende hai vinte anos para que che serva os teus pratos de cabeceira.

As iniciativas colectivas en relación coa comida acaban sendo incontrolables e, mesmo diría que caóticas. As poucas que parecen determinadas dun ano para outro son as das clasificacións dos mellores restaurantes do planeta. O pasado luns a revista británica Restaurant sentenzou logrando os reiterados aplausos, sonrisas, bágoas e protestas. Nunca se cociña a gusto de todos.

O Noma, como antes El Bulli, parece a escudería do lustro porque volveu ser coronado por terceira vez como o sitio no mellor se come. Como segundo, quedou El Celler de Can Roca; nada que non se rexoubase dende hai uns días. Os irmáns Roca asinten e agradecen, mentres que Berasategui colle as táboas da lei e as lanza contra os editores da publicación. Protesta por ser penado con moitos postos, ata a zona das sobremesas; xa metido en leas, quéixase de que Subijana fose desintegrado na táboa.

O sorprendente é que dubide, xunto co Adrià, de que os críticos de Restaurant visiten os establementos sobre os que votan, pero nin os convide nin deixe de protestar dunha listaxe que rexeita.

photo: Steven Huff

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité