Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 mai 2012

ESTÁ TODO MOI ESCURO

umpqua-bank

"Estos son los días de nuestra juventud, los que recordaremos siempre", cantan os meus cativos na ducha. Dende que comezaron a súa breve e despreocupada andaina sobre a pel da Terra gozaron do acougo de ter cuberto canto requeremento físico, educativo ou emocional puideron sentir. Hai nenos, mesmo no seu entorno de clase media urbana, que empezan a botar en falta algunhas diversións audiovisuais, ciberámbitos de pago e caprichos gustativos concretos. Supoño que, ao cabo, cando a vida os vaia desprazando alén da mediana idade, lembrarán os días da súa mocidade alumeados por un sol perpetuo, como ese que disque brilla no Paraíso a falta de confirmación da Nasa. Eu represento así as miñas dúas primeiras décadas de vida. Iso que avanzaron canda catro irmáns cos que proclamaba xornada de festa cando a nosa nai compraba plátanos ou xamón serrano para merendar. Asumín o concepto de democracia a tarde na que o meu pai organizou un referendo entre os sete (proxenitores e fillos) para decidirmos se compraba un sofá ou un televisor en cor. Era o Mundial do 78, eu andaba tolo pola Laranxa Mecánica, pero cadramos todos en votar por un sitio máis cómodo no que poder sentar para mirar o 'Un, Dos, Tres'. O escritor irlandés Brendan Behan confesa en 'Mi Nueva York', que se viu sorprendido polo xeito no que "os neoiorquinos fachendean das súas corrutelas". Benhan alporízase pola ansiedade coa que compiten na persecución dos cartos. Con estes luxos éticos vestimos nos primeiros anos da centuria. Ao volver á casa, a muller do narrador irlandés pretende facerlle ver o agradadable de Dublin. "Está todo moi escuro", respostou Behan.

Photo: Umpqua Bank. Wall Street. Photographer: Robert Cruzon

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité