Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 mai 2012

SE O QUE VAS ASUBIAR NON É MÁIS BELO CO SILENCIO

james brickwood_parkour series 2006

Se o que vas asubiar non é mais belo co silencio, asubía. Asubía porque os gobernantes deben saber todo o que che desagrada. Pode que non che guste esa marcha militar tan estrondosa que lle impuxeron coma himno ao Reino de España nin esa coroa que deberían trasladar a un museo de Historia por ser un luxo suntuario en época de aforro selvaxe. Nada hai máis democrático que poder expresarse con liberdade, con asubíos mesmo. Sen ir alén. Se non fose porque Esperanza Aguirre disparou ao aire co futbol do venres por 2.000 millóns de vergoñas que agochara, era para facerlle ver que non se pode pechar as portas á expresión de opinións. Apeteceseme arestora asubiar ao TSJM que autorizou a marcha unionista dos camisas azuis prepartido de Copa, a Rodrigo Rato pola incapacidade laboral, aos que pagan o descuberto de Bankia, aos que non ven nada impropio na semana laboral concentrada nin no jesusgilismo de Carlos Dívar, aos que desculparon a Emilio Botín polo affaire suízo, aos que xustifican a remasificación nas aulas e a desinvestigación que promove Jose Ignacio Wert, as horrendas portadas rojigualdas que asinan Bieito Rubido e Paco Marhuenda,.. e vouno facer a peito cheo porque, como vivo e escribo moi lonxe de Madrid, ninguén me vai reprender. Así que, segue o ofrecemento de Lauren Bacall a Humphrey Bogart: "Se precisas de min, xunta os beizos e sopra". Cando casaron, el regaloulle un chifre de ouro.

Photo: Parkour. James Brickwood

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité