Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 juin 2012

UNHA FAMILIA INSTITUCIONAL

JUDES

ELES NON se decataron. Eu observaba dende o segundo andar dun edificio céntrico en Lugo. Podía miralos dende arriba sentados na cociña da casa. Un chalet adosado precioso. A cortina ficara erguida e a luz era amarela coma un limón maduro, coma nas teas de Hopper. Unha parella de corentóns con oportunidades económicas e dous cativos. Situáranse arredor da mesa a xeito das series de televisión, deixando unha banda libre como se en calquera momento houbesen de compartiren a táboa cun descoñecido, pero sinxelamente era o espazo para que lles dialogase o televisor. As agullas marcharan das nove e media, e aínda estaban ceando. Os catro; os pícaros tamén. Europeos? Aínda non sei por que teiman en rescatar o Reino de España. Ceaban sopa de fídeos. O pai recolocaba as lentes, que se lle movían cando sorbía da culler. A nai erguíase e sentaba en brevísimas voltas ata a neveira. Supoño que era unha rutina ximnástica. Botaría uns tres ou catro minutos observando. Movíanse as culleres, os vasos, o servilleteiro verde, pero non os ollos, nin as bocas. Miraban La 1. Todo moi institucional.

Photo: Allen Rokach

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité