Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 juin 2012

PECHAR OS PUÑOS, CHANTAR OS CÓBADOS


14-cy-and-relics-robert-rauschenberg

Occidente está condeado á perspectiva. Nada novo, a perspectiva é algo que nos vén descuberto dende o Renacemento, dende aquel 1327 no que os irmáns Lorezentti representaron a Francisco de Asís cun ceo paisaxístico, escapando do Ceo metafórico. Daquela, a arte comezou a diferenzar home e espazo. A maior lección foi desenvolver unha intuición de abrirse ao mundo que acabaría teorizando Cennino Cennini no Tratato della pintura e aplicando Leonardo da Vinci co sfumato. Nesta axitación actual de incerteza cotiá resulta traballoso mirar con perspectiva, pero aínda se agradecería que os gobernantes da banda do planeta que supura crise, observasen o horizonte da situación a fin de avaliar o status quo con máis corrección. Obviamente, un presidente dun único goberno estatal non vai desanoar este vurullo, pero pido humilladamente a Mariano Rajoy que non enlee a madexa dando voltas verbais aos fíos. O seu paso adiante brindando o argumentario de seu para a "liña de crédito" -certo que máis atento a significados e significantes que ao fondo macroeconómico- ten cara positiva. Porén non rescatou a imaxe do seu executivo enzoufada ao mandar un ministro a defenderse cunha lanza roma contra as arelas de coñecemento que manifestaron os periodistas. Esa salvación foi fugaz porque o anuncio de que, tomada a decisión, marchaba á tribuna do estadio, arruinou o escasamente avanzado. Calquera opinador de imaxe debería aconsellar a discreción ao mandatario español evitando a fotografia con ese pechar os puños e chantar imaxinariamente os cóbados. Sobre todo, cando a vitoria que tan expresivamente celebra é lúdica e non económica.

Photo: Cy and relics (1952). Robert Rauschenberg

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité