Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 juin 2012

AMO ESTA CRISE POLA SÚA SENSATEZ

princess


LUDWIG WITTGENSTEIN soamente lía novelas policíacas. Os libros de pensamento dos seus colegas reducianse a pavuxadas acaroados ao seu Tractatus lógico-philosophicus. Houbo unha clase nun colexio de primaria vienés da que saíron Adolf Hitler e máis Wittgenstein, polo que o recreo debía de ser unha experiencia, cando menos, singular. O filosofo soberbio divertíase cos textos de escritores criminais. Non se me veñen a cabeza moitos escritores criminais que lesen a filosofos. Supoño que George Simenon, intúo que Patricia Highsmith, probablemente Vázquez Montalbán. Durante un bo tempo as caixas de aforro españolas estiveron arrendadas a políticos que rexian a súa economía. No noso país, porén, os directivos das dúas principais entidades pseudoprivadas non andaban coa cartela partidaria brillando na lapela, pero exerceron unha sorte de monarquía vitalicia. Mesmo intentaron, no caso do coruñés, cedelas como lexitima ao seus descendentes. Segundo a miña nai, un seu tío, mercaba zapatos e mandáballos poñer aos fillos para que llos abrandasen. O espírito no edificio do Cantón Grande era o contrario, pretender que os fillos herdasen o moble con todo o calzado, fose propio ou alleo. Entre as contadas consecuencias positivas da crise figura que a economía está volvendo as mans dos seus loxicos detentadores, os economistas. Mesmo o goberno español, máis inclinado na súa conformación a retribuír a fidelidade nas loitas entre escuderías ca á buscar capacidades, empeza a derivar os asuntos engurrados cara aos sabios de Bruxelas. Tras o rescate, ou tras o tomate, as contas do Reino serán supervisadas por economistas e non por aprendices de Joseph Fouché, quen, segundo Balzac, era o único home capaz de desacougar a Napoleón. Debemos, logo, mover os nosos corazóns trementes diante do futuro ao agradecemento lembrando a fase de Talleyrand: "Ninguén pode sospeitar cantas parvadas políticas se evitaron grazas á falta de cartos".

Fotografie: Princess Marianne uns Prince Alexander(1955)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité