Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 juillet 2012

GONZÁLEZ PONS INFORMA SOBRE A REGATA

sailor

 

O sol brillou a eito durante todo o día de onte. A praia e máis eu estamos en relacións distantes, pero a familia é un grupo de células que se despraza de modo conxunto. Atopábame por volta das catro da tarde tomando un café nun furancho que domina o areal de Arnao. Vestía unha camiseta granate aliviado das Olimpiadas de Moscú e un traxe de baño azulón Calvo-Sotelo. Trataba de aliviar o desacougo de sentirme atrapado entre ducias de persoas e a teimosa subida da marea. O barman prendeu un televisor portátil en branco e negro, pero percibino coma un espello. Un home en camisa aberta e remangada, cun moreno perceptible coma mancha, advertía seriamente. Ao primeiro deducín que Xusto López Carril trasladara o seu programa de radio sobre o mar á televisión. Supuxen que o mestre de Muxía entrevistaba un regatista, pero logo reparei en que era González Pons ameazando ao Banco Central Europeo a respecto do pandemonium que estouparía hoxe. Desacougoume que alguén en Europa puidese descubrir no You Tube aquela especie de conexión con Marbella de Jorge Javier, polo que metín aos meus no coche para chegar axiña á casa e vestirnos de familia Ruiz Mateos. Hai condutas inversamente imitativas.

Photo: Master chief petty officer of the coast guard Michael Leavitt and his wife, Debbie, attend the Soldier's, Sailor's, Marines' and Coast Guard Club awards dinner in New York Oct 14, 2011. Patrick Kelley

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité